Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do 15 de novembro de 2013, o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), de acordo co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo para formular as alegacións que considere pertinentes, para o cal estará exposto na casa do concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.30 horas.

De conformidade co sinalado no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas, nos ámbitos que se relacionan a seguir:

1. Ámbitos do solo clasificado como urbano nas vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal de 1989 e cualificados coas ordenanzas nº 3 de edificación extensiva e ordenanza nº 4 de edificación extensiva de consolidación urbana, que co novo planeamento pasarían a estar clasificados como solo de núcleo rural. Nestes supostos poderán, non obstante, concederse licenzas baseadas no réxime vixente -NNSSPM e LOUG- que respecten pola su vez as condicións do novo planeamento. Tales ámbitos son:

a) NR-A_02 do Conde.

b) Parte do NR-A_03 da Devesa.

c) NR-A_01 Arcade de Riba.

d) NR-A_05 A Xesteira.

e) Parte de NR-S_22 Romariz.

2. Ámbitos do solo clasificado como solo urbano ou como solo non urbanizable sen especial protección nas normas subsidiarias de planeamento municipal que pasen a ter a clasificación de solo rústico protexido polos seus valores ou riscos, ou por recaer sobre eles proteccións derivadas de normativas sectoriais ou proteccións previstas nas normas de ordenación do litoral o do Plan de ordenación do litoral de Galicia.

3. Áreas clasificadas como solos urbanos nas normas subsidiarias de planeamento municipal vixentes que pasen a estar incluídos nunha unidade de actuación en solo urbano non consolidado.

4. Ámbitos en que, mesmo conservando a condición de solo urbano consolidado, o novo planeamento propón un cambio tipolóxico na nova ordenación.

5. Zonas cualificadas como solo urbanizable no documento do PXOM con independencia da súa clasificación nas normas subsidiarias.

6. Áreas destinadas a sistemas xerais de espazos libres ou equipamentos no planeamento en tramitación.

7. As ditas zonas recóllense de xeito gráfico en plano anexo SUSP LIC 01: proposta suspensión licenzas de xaneiro de 2013, elaborado para o efecto polo equipo redactor.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial do planeamento urbanístico e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Soutomaior, 20 de novembro de 2013

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde