Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da prestación do servizo de recollida de subprodutos animais, categoría 3.

Por Decreto da Alcaldía, do 25 de novembro de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 53/13).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de recollida de subprodutos animais categoría 3 (non destinados ao consumo humano) na praza de abastos do concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 13.200 € (12.000 € + 1.200 € en concepto de 10 % de IVE), e un prazo de execución de dous anos (con posibilidade de dúas prórrogas, con carácter anual).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: oito (8) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 25 de novembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde