Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (958/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 958/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Calviño Dafonte contra a empresa Carmen Vieito Pérez e Croissantería Embrujo, con intervención do fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, quince de novembro de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Único. O letrado Abel González Torres, na representación que exerce de Antonio Claviño Dafonte, interesa a aclaración do auto de aclaración ditado no presente procedemento número 958/2010 o día 11.11.2013, sobre os aspectos contidos no seu escrito de data 12 de novembro de 2013.

Razoamentos xurídicos.

Único. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, no seu número 1, despois de dispor que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar un concepto escuro e rectificar calquera erro material que conteñan. Establécese, así mesmo, no seu número 5 a posibilidade de complementar as resolucións co pronunciamento omitido ou que non procede complementala. No mesmo sentido se pronuncia a Lei de axuizamento civil nos seus artigos 214 e 215.

Vistos os preceptos legais citados e demais de pertinente e xeral aclaración.

Acordo. Aclarar o Auto de data 11.11.2013 ditado no presente procedemento no sentido de que o ditame pasará a dicir:

“Que estimando parcialmente a demanda formulada por Antonio Calviño Dafonte contra a empresa Croissantería Embrujo e Carmen Vieito Pérez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de catro mil cincocentos corenta euros nos conceptos anteriormente referidos, e condeno a referida empresa e a Carmen Vieito Pérez ao aboamento da dita cantidade incrementada co xuro do 10 %”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta accidental do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carmen Vieito Pérez e Croissantería Embrujo, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial