Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47614

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (84/2013).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión, fago saber:

Que neste xulgado e co número 84/2013 se segue, por instancia de Agapita Lavandeira Blanco, expediente para a declaración de herdeiros ab intestato da causante Pastora Lavandeira Blanco, falecida o día 11 de xullo de 2012 no hospital Virxe da Xunqueira de Cee e cuxo último domicilio foi nos Muíños, 193, Muxía.

O que se fai público co fin de que poidan acudir a expediente os parentes da falecida con dereito á herdanza.

Corcubión, 27 de setembro de 2013

A secretaria