Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (468/2012).

Procedemento: procedemento ordinario 468/2012.

Sobre: sociedades mercantís e cooperativas.

De: Iscarent Sistemas de Encofrado y Andamio, S.A.

Procurador: Francisco Javier Almon Cerdeira.

Letrado: Luis Fonseca-Herrero González.

Contra: José Ignacio Quintero Zapata, Felipe Daniel de Azevedo Vilela.

No procedemento arriba citado, seguido por instancia do procurador Francisco Javier Almon Cerdeira, en nome e representación de Iscarent Sistemas de Encofrado y Andamio, S.A., fronte a José Ignacio Quintero Zapata e Felipe Daniel de Azevedo Vilela, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 9 de maio de 2013.

José Mª Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, despois de ver os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 468/2012 instados polo procurador Sr. Almón, en nome e representación de Iscarent Sistemas de Encofrados y Andamio, S.A., asistida polo letrado Sr. Fonseca-Herrero González contra José Ignacio Quintero Zapata e Felipe Daniel de Acevedo Vilela, en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Ditamino que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Almón, na representación acreditada, debo condenar e condeno a José Ignacio Quintero Zapata e Felipe Daniel de Acevedo Vilela a satisfacerlle á demandante a cantidade de 21.889,03 euros máis xuros da Lei 3/2004, máis xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e ante esta cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días desde a súa notificación ás partes, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino».

José Mª Blanco Saralegui, maxistrado do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra.

E encontrándose os demandados José Ignacio Quintero Zapata e Felipe Daniel de Azevedo Vilela en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de xuño de 2013

O/a secretario/a xudicial