Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47607

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (909/2012).

Juicio verbal 909/2012.

Sobre verbal arrendaticio.

Demandante: Francisco Cepeda Espinosa.

Procurador/a:

Avogado/a:

Francisco Javier Ares Míguez, María Pilar Sixto Barreiro.

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento 909/2012 seguido por instancia de Francisco Cepeda Espinosa fronte a Francisco Javier Ares Míguez, María Pilar Sixto Barreiro, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 102/2013.

Xuízo verbal 909/2012.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Francisco Cepeda Espinosa.

Demandados: María del Pilar Sixto Barreiro e Francisco Javier Ares Míguez.

Obxecto: reclamación de rendas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013.

Ditame:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Francisco Cepeda Espinosa contra María del Pilar Sixto Barreiro e Francisco Javier Ares Míguez e, en consecuencia, condeno os demandados a aboarlle ao demandante a suma de 1.880,49 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda. Todo iso sen imposición de custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpor recurso de apelación a teor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíz que a ditou. Dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Francisco Javier Ares Míguez, María Pilar Sixto Barreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial