Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lle notifica a Noris Beatriz Piñeiro Blázquez o requirimento de emenda da solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de realizados dous intentos de notificación a Noris Beatriz Piñeiro Blázquez no último domicilio coñecido, e por cualificarse como ausente polo servizo de Correos, publícase o requirimento de emenda da súa solicitude de axuda extraordinaria a emigrantes galegos e aos seus familiares.

No prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao desta publicación, deberá remitir á Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños, nº 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), a seguinte documentación:

– Certificación de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Falta a vida laboral do seu fillo.

– Documentación acreditativa dos ingresos económicos e rendas do/a solicitante e da súa unidade familiar entendida como se sinala no artigo 5.1 da Resolución do 20 de maio de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración. De ser o caso, declaración responsable do/a solicitante de que ningún membro da unidade familiar, incluído/a o/a interesado/a, percibe ingresos económicos e rendas de calquera natureza. A declaración responsable do anexo III non está asinada.

– Declaración responsable do/a solicitante de que ningún membro da unidade familiar, incluído el/ela mesmo/a, ten outros bens mobles ou inmobles, a excepción da vivenda habitual. A declaración responsable do anexo III non está asinada.

– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas ou calquera outro ente público ou privado (fotocopias compulsadas das solicitudes e/ou resolucións de concesión) ou, se é o caso, declaración responsable do/a solicitante de que nin el/ela nin os membros da súa unidade familiar, teñen concedidas as citadas axudas, referido á data da solicitude. Esta epígrafe non está cuberta na solicitude.

– Documentos acreditativos dos gastos previstos no artigo 6.3 da Resolución do 20 de maio de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración. Factura ou recibo compulsados e documentos xustificativos do seu pagamento.

No caso de non completar o requirido no prazo indicado, terase por desistida da súa solicitude, consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992 xa citada.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración