Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de novembro de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns inmobles situados no concello da Baña, en primeira e cuarta poxa.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 10 de agosto de 2012 e do 18 de xuño de 2013, foi autorizado o alleamento mediante poxa, duns inmobles situados no concello da Baña, procedentes do patrimonio da extinta Cámara Agraria Local.

Logo de publicarse o 15 de outubro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 197, e nun xornal de ampla difusión (El Correo Gallego do mesmo día), o Anuncio do 8 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 12 de novembro de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Juan Ramos Freita, polo prezo de 4.198,82 euros a parcela nº 859, Bouzas, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.910 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Isolina González Cibes; sur, con zona excluída e Manuel Vázquez Cobas; leste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15007A513008590000JE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.109, tomo 867, libro 157 e folio 81.

2. A Francisco Javier Silva Rodríguez, polo prezo de 4.060 euros a parcela nº 707, adicional Igrexario, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.624 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Flora Fernández Recarey; leste, resto do predio matriz do concello da Baña; e oeste, Luz Rodríguez. Referencia catastral: 5660902NH1556S0001YZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 18.468, tomo 742, libro 150 e folio 135.

3. A Manuel Aboy Martínez, polo prezo de 8.000 euros a parcela nº 232, Campo de Pazo, situada en Cabanas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 11.080 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Obdulia Agra Barreiro e outros; sur, parroquia de Paramos (Val do Dubra); leste, Ana Agra Barreiro; e oeste, Raúl Pena Cebey e outros, saída ao camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e María Esperanza Rubido Romero. Referencia catastral: 15007A504002320000JX. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.895, tomo 867, libro 157 e folio 1.

4. A Manuel Aboy Martínez, polo prezo de 18.500 euros a parcela nº 237, Costa de Val, situada en Cabanas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 17.760 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Alegre Gebey e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e Constantino Romero; leste, Constantino Romero e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Manuel Turnes Abelenda e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A504002370000JZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.897, tomo 867, libro 157 e folio 4.

5. A María Luz Vieito Turnes, polo prezo de 172,20 euros a parcela nº 31, Fixor, situada en Fiopáns, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 492 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Josefina Rodríguez Turnes; sur, Manuel Turnes Vieito e outros; leste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con terreos excluídos e monte indivisible. Referencia catastral: 15007A506000310000JS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.923, tomo 867, libro 135 e folio 5.

6. A Carmen Pensado Fernández, polo prezo de 830 euros a parcela nº 266, Gillade, situada en Fiopáns, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 330 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Amalia Ruso; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Amalia Ruso. Referencia catastral: 4936501NH2543N0001UH. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.929, tomo 867, libro 157 e folio 8.

7. A María Luz Vieito Turnes, polo prezo de 172,75 euros a parcela nº 287, Corgo, situada en Fiopáns, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 683 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con predio excluído de monte de Generosa Pisco Vieito; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, predio excluído de monte de Manuel Turnes Vieito e outros; e oeste, predio excluído de monte de Generosa Pisco Vieito. Referencia catastral: 15007A506002870000JZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.931, tomo 867, libro 157 e folio 9.

8. A María Luz Vieito Turnes, polo prezo de 895,30 euros a parcela nº 437, Fonte Rodrigo, situada en Fiopáns, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.558 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, José Vieito Vilacoba; leste, camiño; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A506004370000JD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.939, tomo 867, libro 157 e folio 13.

9. A Abel Fernández Aguiar, polo prezo de 1.200 euros a parcela nº 297, Espiñeira, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.202 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Pérez Pais e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Dolores Martínez Pías e José Gorgal Antelo; leste, Carmen Pérez Pais e Jesús Forján Fernández e outro; e oeste, Pilar Silva Fernández. Referencia catastral: 15007A515002970000JD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.967, tomo 867, libro 157 e folio 27.

10. A Abel Fernández Aguiar, polo prezo de 2.112 euros parcela nº 358, Soutelo e Penso, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 5.633 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Ríos Silveira; sur, Amalia Insua Giraut; leste, Carmen Pérez Giraut, Manuela Ferreiro Mayo e outros, Genoveva Gesto Ferreira e outros, Mercedes Guzmán Guzmán e outra, regato no medio; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A515003580000JR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.973, tomo 867, libro 157 e folio 30.

11. A Abel Fernández Aguiar, polo prezo de 3.200 euros a parcela nº 359, Penso, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.589 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, Secundino Pías Suárez. Referencia catastral: 15007A515003590000JD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.975, tomo 867, libro 157 e folio 31.

12. A María Pilar Alonso Baña, polo prezo de 3.700 euros a parcela nº 371, Fondón Darriba, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.088 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Amalia Insua Giraut e levada de rega no medio; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Generosa Torreira Fernández; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A515003710000JZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.977, tomo 867, libro 157 e folio 32.

13. A Fernando Suárez Rey, polo prezo de 5.500 euros a parcela nº 478, Fonte Arcas, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.192 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída e Manuel Liñares Gómez; sur, Ricardo Rodríguez Rey e outros; leste, Celestino Silva Fernández; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A515004780000JL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.985, tomo 867, libro 157 e folio 36.

14. A Abel Fernández Aguiar, polo prezo de 2.300 euros a parcela nº 482, Forca, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.460 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Dolores Rey Currais; sur, Alfonso Reino Santiso e outros; leste, Dolores Rey Currais; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A515004820000JT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.989, tomo 867, libro 157 e folio 38.

15. A Abel Fernández Aguiar, polo prezo de 1.000 euros a parcela nº 565, Souteiro, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.067 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Tomé Jallas; sur, Pilar Pías Varela e outros; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, María Manuela Rey Villar e outro. Referencia catastral: 15007A515005650000JW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.991, tomo 867, libro 157 e folio 39.

16. A Carlos Cajaraville Buela, polo prezo de 3.800 euros a parcela nº 627, Xan Boo, situada en Sanamede do Monte, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.354 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria que a separa de Adelaida Ferreiro Vieito e Domingo Fajín Manteiga e outros; oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15007A515006270000JW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.993, tomo 867, libro 157 e folio 40.

17. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 2.200 euros a parcela nº 139, Lapido, situada no Barro, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.032 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Raúl Trillo Garriga e presa ao medio en parte; sur, Ricardo Arosa; leste, Raúl Trillo Garriga; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A510001390000JA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.001, tomo 867, libro 157 e folio 44.

18. A Santiago Benigno García Cardeso, polo prezo de 600 euros a parcela nº 475, Campo do Pozo, situada en Marcelle, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.918 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Balbina Allo Antelo; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, Filomena Vilas Castro. Referencia catastral: 15007A511004750000JQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.021, tomo 867, libro 157 e folio 54.

19. A Manuel Estévez Recarey, polo prezo de 145 euros a parcela nº 828, A Xesteira, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 414 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Daniel Estévez Fajín; sur, camiño existente; leste, camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15007A513008280000JS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.065, tomo 867, libro 157 e folio 59.

20. A José Quintela Parente, polo prezo de 50 euros a parcela nº 833, Fondelo, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 134 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Barcia Pazos, regato en medio; sur, camiño; leste, Manuela Otero Otero; oeste, Celia Suárez Castro e outros. Referencia catastral: 15007A513008330000JU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.073, tomo 867, libro 157 e folio 63.

21. A Juan Ramos Freita, polo prezo de 650 euros a parcela nº 838, Lagares de Arriba, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.780 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño existente; sur, camiño; leste, camiño existente; oeste, Luz Divina Pereira. Referencia catastral: 15007A513008380000JY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.075, tomo 867, libro 157 e folio 64.

22. A Francisco Pazos Currais, polo prezo de 826 euros a parcela nº 839, Fonte Domingo, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.360 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño e Amalia Landeira Balsa; sur, zona excluída; leste, Concepción Pose Gerpe; oeste, Alfonso Reino Santiso e outros. Referencia catastral: 15007A513008390000JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.077, tomo 867, libro 157 e folio 65.

23. A José Varela Almozada, polo prezo de 241,85 euros a parcela nº 842, Pereiro da Costa, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 691 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuel Varela Recarey; oeste, Domingo Riveira Fernández. Referencia catastral: 15007A513008420000JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.081, tomo 867, libro 157 e folio 67.

24. A Mª Pilar Alonso Baña, polo prezo de 200 euros a parcela nº 846, Fonte, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 566 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Dolores Almazara Pérez; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, zona excluída; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 4677302NH1547N0001HE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.089, tomo 867, libro 157 e folio 71.

25. A Manuel Calvelo Noya, polo prezo de 966,70 euros a parcela nº 848, Vilar Vello, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.762 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Domingo Noya Maceiras e zona excluída; sur, José Otero Quintáns e Manuel Torreira Ramos; leste, Benita Blanco Novio; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A513008480000JM. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.093, tomo 867, libro 157 e folio 73.

26. A José Quintela Parente e Mª Teresa Parente Suárez, polo prezo de 175 euros a parcela nº 849, Souto, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, zona excluída; leste, Benita Blanco Novio, regato no medio; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A513008490000JO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.095, tomo 867, libro 157 e folio 74.

27. A Manuel Calvelo Noya, polo prezo de 1.600 euros a parcela nº 854, Pallaqueira, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.441 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída e saída a camiño construido polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, regato; leste, Manuela Capela Fernández e zona excluída; e oeste, Benita Blanca Novio. Referencia catastral: 15007A513008540000JR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.101, tomo 867, libro 157 e folio 77.

28. A Mª José Estévez Recarey, polo prezo de 800 euros a parcela nº 855, Bouzas, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.939 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con regato; sur, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Balbina García Novio; oeste, Manuel Torreira Ramos. Referencia catastral: 15007A513008550000JD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.103, tomo 867, libro 157 e folio 78.

29. A Mª Luz Losa Quintela, polo prezo de 300 euros a parcela nº 856, Parromeiras, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 790 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Isolina Parente Quintáns e outra; oeste, José Pousada. Referencia catastral: 15007A513008560000JX. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.105, tomo 867, libro 157 e folio 79.

30. A Camilo Losa Ribeiro, polo prezo de 850 euros a parcela nº 861, Agra de Atrás, situada na Riba, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 340 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, zona excluída; leste, camiño; e oeste, Benigno Maceira Negreira e outros. Referencia catastral: 5792307NH1559S0001LE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.113, tomo 867, libro 157 e folio 83.

31. A Jesús Manuel Vieito Domínguez polo prezo de 200 euros a parcela nº 326, Sarnadela, situada en Troitosende, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 504 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con monte; sur, con camiño a Elena Chan García e outros; leste, Jesús Pisco; e oeste, con monte e camiño. Referencia catastral: 15007A505003260000JF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.121, tomo 867, libro 157 e folio 87.

32. A Manuel Gerpe Antelo, polo prezo de 413,50 euros a parcela nº 324-1, Pedra Canteira, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.654 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Benigno Pazos Núñez e outros; sur, Manuel Gerpe Mata e Eduardo Antelo García; leste, Eduardo Antelo García e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A509003240000JP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.409, tomo 867, libro 157 e folio 91.

33. A Manuel Gerpe Antelo, polo prezo de 2.500 euros a parcela nº 369-2, Agra D’arriba, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.200 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Luís Torreira Varela e outros; sur, José Brantuas García, María Josefa Braña Castro e parroquia da Riba; leste, Manuel Mata Cives; oeste, María Josefa Braña Castro, José Brantuas García e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A509010930000JZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.411, tomo 867, libro 157 e folio 92.

34. A Manuel Gerpe Antelo, polo prezo de 2.340 euros a parcela nº 403, Brañas de Gosende, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 6.356 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída, regato no medio; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, zona excluída; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria que a separa do predio nº 327 propiedade de Eduardo Antelo García. Referencia catastral: 15007A509004030000JJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.413, tomo 867, libro 157 e folio 93.

35. A Josefa Barreiro Allo, polo prezo de 839,50 euros a parcela nº 415, Brañas de Gosende, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.358 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Antelo Méndez; sur, Claudino Barreiro Gómez; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15007A509004150000JY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.415, tomo 867, libro 157 e folio 94.

36. A Josefa Barreiro Allo, polo prezo de 7.100 euros a parcela nº 464, Sabugueira, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.415 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Fariñas Paredes; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Claudina Barreiro Gómez. Referencia catastral: 15007A509004640000JD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.419, tomo 867, libro 157 e folio 96.

37. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 701,20 euros a parcela nº 321, Granxa, situada en Cabanas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.720 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Alfredo Insua Cebey e Domingo Fernández Romero, atopándose nese límite co límite leste, unha zona de auga para este predio; sur, con río Portalaxe e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con Elvira Prisco Turnes e río Portalaxe. Referencia catastral: 15007A503003210000JI. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.433, tomo 867, libro 157 e folio 103.

38. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 6.600 euros a parcela nº 332, Val de Dentro, situada en Cabanas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 5.910 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída, Manuel Agra Barreiro e outros; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Juan Agra Báscuas; e oeste, zona excluída e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A503003320000JA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.435, tomo 867, libro 157 e folio 104.

39. A David Vilacoba Vieito, polo prezo de 756 euros a parcela nº 300, Pedra dos Lagartos, situada en Lañas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.460 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Domingo Blanco Vieito; sur, camiño e Rosa Vilacoba Díaz; leste, Rosa Vilacoba Díaz; oeste, con camiño. Referencia catastral: 15007A508003000000JJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.441-N, tomo 742, libro 150 e folio 203.

40. A David Vilacoba Vieito, polo prezo de 809 euros a parcela nº 251, Gandarón, situada en Lañas, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.003 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Blanco Blanco; sur, Andrés Gerpe Varela; leste, camiño e regato no medio; oeste, con camiño e regato no medio en parte. Referencia catastral: 15007A508002510000JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.439-N, tomo 742, libro 150 e folio 201.

41. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 327 euros a parcela nº 441, Cordeiras, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 908 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Generosa Turnes Núñez e outros; sur, Claudina Rey García; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15007A514004410000JT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.049-N, tomo 742, libro 150 e folio 185.

42. A Manuel Quintáns Cancela, polo prezo de 1.325 euros a parcela nº 294, Chouza da Nuna, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 530 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Mercedes Antelo García; sur, Jesús Cancela Arán; leste, camiño, regato no medio; oeste, Manuela Nieves Mata Gómez e outro propietario, regato no medio. Referencia catastral: 9705608NH1690N0001XQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.035-N, tomo 742, libro 150 e folio 171.

43. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 1.200 euros a parcela nº 270, Penla, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.740 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Cancela Arán e outros, regato no medio e Dolores Gerpe Paredes; sur, Manuela Nieves Mata Gómez; leste, camiño; oeste, camiño, José Rial Pazos, regato no medio. Referencia catastral: 15007A514002700000JH. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.031-N, tomo 742, libro 150 e folio 167.

44. A José Germán Allo Negreira, polo prezo de 1.752 euros a parcela nº 212, Monte Longo, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.720 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, camiño; leste, José Pazos Castro; e oeste, Jesús Porteiro Álvarez e outro propietario. Referencia catastral: 15007A514002120000JQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.029-N, tomo 742, libro 150 e folio 165.

45. A Mª de los Dolores da Cunha Rey, polo prezo de 4.350 euros a parcela nº 313, Agra da Fonte, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.740 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, camiño; leste, camiño; oeste, Raimundo Antelo Blanco, regato no medio. Referencia catastral: 5265411NH1556N0001TD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.919-N, tomo 742, libro 150 e folio 155.

46. A Manuel Dacunha Vázquez, polo prezo de 3.100 euros a parcela nº 209, Casa Vella, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.379 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, zona excluída; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15007A516002090000JI. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.913-N, tomo 742, libro 150 e folio 149.

47. A Manuela Dacunha Vázquez, polo prezo de 665,70 euros a parcela nº 93, Agro Novo, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.902 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Manuela Otero Tomé; leste, camiño; oeste, Manuel Braña Rodríguez. Referencia catastral: 15007A516000930000JU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.903-N, tomo 742, libro 150 e folio 143.

48. A José Luis París Antelo, polo prezo de 336,35 euros a parcela nº 13, Travesales, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 961 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Fins Muñiz; sur, Sabina Parente; leste, María Esperanza Rubido Romero; e oeste, camiño de concentración. Referencia catastral: 15007A516000130000JO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.899-N, tomo 742, libro 150 e folio 139.

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, sendo por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme ao disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio