Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como axente de seguros vinculado e a exclusión do Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia de José Ramón Blanco Álvarez.

De conformidade co disposto no artigo 53.1.f) da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como axente de seguros vinculado e, por conseguinte, excluír do Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a José Ramón Blanco Álvarez.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral, por solicitude do interesado, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro: AF0009XG.

NIF: 33277311Z.

Nome e apelidos: José Ramón Blanco Álvarez.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data da resolución: 1.10.2013.