Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha estación satélite de gas natural licuado no termo municipal do Grove (Pontevedra), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2013/8-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 16.7.2012 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal do Grove (Pontevedra), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 8.10.2012 e no Boletín Oficial da provincia do 1.10.2012.

Conforme o disposto nesta autorización administrativa, a subministración de gas natural ao termo municipal do Grove realizarase a través dunha estación de gas natural licuado (GNL) que se situará nunha parcela catalogada, segundo o planeamento urbanístico actual, como SNUC (solo non urbanizable común) na estrada PO-9102. Así mesmo, establécese que, con carácter previo á súa aprobación, o proxecto de execución da planta de GNL deberá someterse ao trámite de información pública.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado estación satélite de gas natural licuado no termo municipal do Grove (Pontevedra).

Descrición das instalacións:

A estación de GNL situarase na parcela de referencia catastral 36022A021008910000ET (polígono 21, parcela 891), anexa á estrada EP-9102, ao sur do núcleo urbano do Grove.

A instalación proxectada está composta polos seguintes compoñentes: sistema de almacenamento; sistema de gasificación, regulación e odorización; sistema de caldeiras para auga quente; sistema eléctrico e control; e edificios e obra civil. As súas características xerais son as seguintes:

– Capacidade de almacenamento de GNL: 240 m3 (2 tanques horizontais de 120 m3).

– Capacidade de gasificación máxima: 3.000 m3 (N)/h.

– Presión máxima de subministración á rede: inferior a 5 barg.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal do Grove, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: douscentos noventa e catro mil seiscentos dezasete euros con corenta céntimos (294.617,40 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, rúa Fernández Ladreda, 43, 5º, 36003 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas