Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2013/28-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Enerxía dos Castros, S.L.

Domicilio: Queixeiros, nº 1, San Pedro de Líncora, 27514 Chantada (Lugo).

Denominación: LMT aerosubterránea a 20 kV para dotar de enerxía eléctrica a estación de tratamento e valoración de biomasa, mediante gasificación, e a estación de coxeración asociada a aquela, proxectadas en Loiro, concello de Barbadás.

Situación: concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: liña eléctrica aerosubterránea, a 20 kV, de 1.222 m de lonxitude en aéreo, condutor LA-56, e 550 m en subterráneo, condutor RHZ1 12/20 kV 3 (1×95) mm2 Al; ten a súa orixe, con paso subterráneo a aéreo (PAS), na liña de saída, en subterráneo, da estación de biomasa citada, e o seu final, tamén con PAS, na liña eléctrica aérea da compañía distribuidora SCV801 (Celanova), nas proximidades da derivada ao CT32CA68.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e contestadas polo promotor as alegacións presentadas ao proxecto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parderrubias, no sentido de aceptar o desprazamento da liña eléctrica, entre os apoios nº 9 e 13, para deste xeito deixar libre de afección a este monte no citado treito, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 6 de novembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial