Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 141/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS 20 kV, CT 4000 kVA, e reformado do CT 15CZ58 (expediente 51.555), en lugar de Xaras, Monte Alberte.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,365 km, coa orixe en cela libre do CT polígono de Xaras, nº 7 (expediente 51.555), reformado, en condutor RHZ1 2OL-12/20 kV-(1×240) Al e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma centro de transformación existente, polígono Xaras, nº 7, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, consistente na instalación de novas celas compactas 2L+1P.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña