Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de varias reclamacións eléctricas.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou as resolucións de reclamacións eléctricas que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación das ditas resolucións, de conformidade co disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícase aos interesados o contido da resolución para que poidan ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5º da referida lei.

Advírtese aos interesados que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderán interpor contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interporen calquera outro recurso que coiden oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 2 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de reclamacións resoltas no procedemento IN 635A

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Resolución

2012/153

Hotel Bueumar Café Savoy, S.L.

Avenida Agrelo, nº 10

Bueu

Estimación

2013/13

Gómez Ordas, Francisco Javier

Avenida de Galicia, nº 6

Ponte Caldelas

Estimación

2013/121

Villanueva Barreiro, Adolfo

Lugar de Armenteira, nº 18

Meis

Desestimación