Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Granitos Tebra, S.L. o requirimento de documentación no expediente de solicitude de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedrada 2764.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Granitos Tebra, S.L., con CIF B-36180818, o requirimento de documentación no expediente da solicitude de pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedrada nº 2764.

Comunícase que o dito expediente se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda 43-5ª planta de Pontevedra.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra