Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (795/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 795/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Valiño García contra a empresa Heima Tours Galicia, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso contra o decreto, declároo firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar para os efectos previstos no artigo 239 da LXS que o decreto foi notificado o 6.9.2013 a Cristina Valiño García e o 6.9.2013 a Heima Tours Galicia, S.L.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Heima Tours Galicia, S.L. por acharse en ignorado paradoiro insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial