Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47424

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (120/2013).

Xuíza que a dita: Yolanda Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: 10 de xullo de 2013.

Demandante: Jean Marc Yves Alois Duym.

Avogado: Miguel Freire Estévez.

Procuradora: María del Pilar Sánchez Romero.

Demandada: Lorena González Pérez.

Procedemento: procedemento ordinario 805/2012.

Ditame:

Admítese a demanda presentada pola procuradora Pilar Sánchez Romero, en nome e representación de Jean Marc Yves Alois Duym, contra Lorena González Pérez.

Condénase a demandada ao aboamento da suma de 54.400 euros máis os xuros legais desde a presentación da demanda (15.10.2012) e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data desta resolución e ata o seu completo pagamento.

Impóñense as custas ás partes demandadas.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 2745 0000 04 0805 12, indicando no campo “concepto” a indicación “recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase con indicación, neste caso, no campo observacións da data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

A maxistrada xuíza