Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47422

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (654/2011).

Estefanía Cotobal Martín, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, por medio do presente, anuncio:

Que neste xulgado se seguiron autos de xuízo verbal número 654/2011, por instancia da Comunidad de Propietarios Reboredo 28 fronte a Joaquín Bóveda Vila e se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ourense, 22 de marzo de 2012.

Vistos por Ana María Manjón Manjón, maxistrada xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados baixo o número 654/2011, seguidos por instancia da procuradora Sra. Silva Montero, quen actúa en nome e representación de Celso Rodríguez Rodríguez, en condición de presidente da Comunidade de Propietarios do edificio sito en Reboredo, número 28, de Ourense, defendido polo letrado Sr. Delgado Arce, contra Joaquín Bóveda Vila, que comparece por si mesmo, sobre reclamación de cantidade, veño resolver sobre a base dos seguintes (...) seguen antecedentes de feitos e fundamentos de dereito...

Ditame:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Silva Montero, en nome e representación de Celso Rodríguez Rodríguez, na súa condición de presidente da Comunidade de Propietarios do edificio sito en Reboredo, 28, Ourense, contra Joaquín Bóveda Vila, debo condenar e condeno a Joaquín Bóveda Vila ao pagamento á demandante de 1.522,21 euros por gastos comunitarios, máis xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con condena en custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que é firme.

Así, por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza polo mesmo maxistrado xuíz que a ditou, estando a realizar audiencia pública no mesmo día da data, do cal eu, a secretaria, dou fe».

E para que así conste, e encontrándose o dito demandado, Joaquín Bóveda Vila, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial