Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de novembro de 2013, da Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 260/2013 no expediente de reposición da legalidade número IU2/105/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 260/2013, interposto por Armando Márquez Otero contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade número IU2/105/2012, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas, consistentes na ampliación dunha vivenda unifamiliar, peche de soportal existente e ampliación acaroada á vivenda, no camiño de Sapeiras, 21, parroquia de Belesar, concello de Baiona, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Eloísa Amparo Raposo Sastre para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística