Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do 5 de novembro de 2013, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-119/13 por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 22 de novembro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-119/13.

Denunciado: Os Albergues, C.B.

CIF: E70242888.

Establecemento: café bar Os Albergue´s.

Enderezo: Boente.

Localidade: Arzúa.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 5 de novembro de 2013.

Sanción: multa de novecentos un euros (901 €).