Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 25 de novembro de 2013, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 27.030/13.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla nº 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 25 de novembro de 2013

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.030/13.

Interesado: Ceblanal, S.L.

NIF: B15730526.

Acto notificado: Resolución do 8 de novembro de 2013.