Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de novembro de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 15 de maio de 2013 recaída no expediente S-2010/035-P, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de outubro de 2013, a resolución pola cal se resolve a inadmisión do recurso potestativo de reposición interposto por Celia Gómez Portela e José Manuel Quinteiro Gómez, contra a Resolución do 15 de maio de 2013 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de reforma en edificación existente, aumento da superficie e do volume da edificación e construción de sollado con lastras de pedra granítica, no lugar de Monte Gracia, 7, Cesantes, termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos citados interesados, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos citados interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos citados interesados que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística