Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47179

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rairiz de Veiga

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Rairiz de Veiga, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 7 de novembro de 2013, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Rairiz de Veiga. De conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o documento a información pública e audiencia aos interesados, na Secretaría da Corporación, polo prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para exame e presentación de reclamacións e alegacións.

Rairiz de Veiga, 11 de novembro de 2013

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio
Alcalde