Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para apertura de nave de gando vacún.

Josefa Blanco López solicita desta Alcaldía licenza municipal para a ampliación de nave para estabulación libre de gando vacún e fosa de xurro na Parroquia de San Tomé do termo municipal de Lourenzá, cumprindo o disposto no art. 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comenzará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lourenzá, 14 de outubro de 2013

Emma Álvarez Chao
Alcaldesa