Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

CORRECCIÓN de erros. Anuncio de información pública sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Advertido erro na publicación do DOG nº 229, do 29 de novembro, do anuncio deste concello relativo á aprobación inicial polo Pleno municipal, en sesión do 7 de novembro de 2013, da modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal, de acordo cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no que se indica que o documento se somete a información pública polo prazo dun mes, procédese á rectificación do devandito anuncio, facéndose constar que o prazo de exposición pública será de dous meses desde a súa publicación producida o día 29 de novembro.

Durante o devandito prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Ribadumia, 29 de novembro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa