Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das Casas de Ramírez.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle que define os criterios compositivos e estéticos de aplicación ao conxunto catalogado A-56 (Casas de Ramírez), segundo o documento redactado polos servizos técnicos municipais en outubro de 2013.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de vinte días soltos, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia nun xornal dos de maior circulación na provincia.

c) Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Na solicitude que se eleve ao citado organismo formularase a proposta de eximir da autorización de Patrimonio as intervencións que, en desenvolvemento do estudo de detalle, se axusten aos criterios e modelos que nel se definen, coa única excepción das tipificadas como de grao 3, para as que resultará preceptiva, en todo caso, a autorización do órgano competente da Consellería de Cultura.

d) A aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto polo artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles cos criterios e condicións fixados no estudo de detalle, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

Este acordo comunicarase aos servizos de Licenzas e Rehabilitación.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública, polo prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible