Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do catálogo de bens culturais do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2013, adoptou entre outros o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do catálogo de bens culturais do Plan xeral de ordenación municipal, segundo o proxecto formulado polo Concello de Santiago a través dos servizos técnicos da Área de Urbanismo, que afecta os seguintes elementos:

Elemento catalogado

Referencia catastral

Propietario catastral

D-070

Conxunto no Casal

de Horta

002200100NH35B0001ZW

Hrs. Domingo Mallo Liste

002200200NH35B0001UW

Hrs. Concepción Mallo Vites

002200300NH35B0001HW

María Paz Movilla Mirelis

D-070 bis

Pazo de Lermo

15079A129000010000QO

Hrs. Carmen de Andrés Moreno

F-134

Pombal en Lermo

000200100NH34H0001BH

Josefa Isaura Negro Fernández

b) Someter o acordo a información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se xulguen pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e solicitar da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o informe previsto na lexislación aplicable.

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos contado desde a aprobación inicial.

Durante o prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible