Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (109/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 109/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Cotelo Arijón contra a empresa Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Rubén Cotelo Arijón contra Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L. a que lle aboe ao demandante ao cantidade de 3.113,77 euros brutos, polos salarios devindicados nos meses de xaneiro e febreiro de 2012, así como a compensación económica polo non desfrute das vacacións no mesmo ano, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais. E a cantidade de 1.408,24 euros en concepto de indemnización por extinción de contrato, e fixados a razón de 2.169,87 euros brutos en canto aos salarios e 886,50 euros en canto á indemnización, respecto ao Fondo de Garantía Salarial, en caso de concorrer a súa responsabilidade subsidiaria.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación á empresa Contratas y Construcciones Regueira Lozano, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial