Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (909/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 909/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia García Mandiá contra Queensaúde, S.L.U., Eloy Fernando Moure Abalo e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda formulada por Noelia García Mandiá contra a empresa Queensaúde, S.L.U., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.523,35 euros, máis os xuros legais por demora do 10 % anual respecto aos conceptos salariais e pagamento de custas, sen prexuízo da responsabilidade que poida incumbir ao Fogasa, e debo absolver e absolvo a Eloy Fernando Moure Abalo, das pretensións contra el formuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Queensaúde, S.L.U. e Eloy Fernando Moure Abalo, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 13 de novembro de 2013

O secretario xudicial