Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 46997

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (477/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria por substitución do Xulgado de Sarria, fai saber que nos autos de procedemento ordinario 477/2012 se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Sarria, 24 de xullo de 2013

Fernando López-Guitián Castro, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, viu os presentes autos seguidos polos trámites do xuízo ordinario co nº 477/2012 por instancia de Miguel Ángel Fernández Varela e Jesús Trabado Montaña, representados pola procuradora Ana María López Vila, fronte a Antonio Abella López, Julia López López, José Abella González e Elisa López Arias, representados pola procuradora Victoria Eugenia López Díaz, sobre negatoria de servidume. Así como a demanda reconvencional dos codemandados Antonio Abella López, José Abella González e Julia López López, fronte ao demandante Miguel Ángel Fernández Varela e Jesús Quiroga López, cuxa representación exerce a procuradora Ana Mª López Vila; e fronte a Alicia Fernández Varela, Julio Fernández Varela, Edita Fernández Varela, Sara Fernández Varela, María del Pilar Abella López, Dolores Abella Abella, Concepción Abella Abella, Antonio Abella Abella, Manuel Abella Abella, Celia Quiroga López, Julia Quiroga López e Celia López Rodríguez, todos eles declarados en rebeldía. Así como contra Santiago Abella Rodríguez, Manuela Rodríguez López, Manuel Abella López, Julio Fernández López, Digna González López e Carmen López Rodríguez, representados pola procuradora María Luisa López Vizcaíno; e contra Ermitas Abella Abella, representada pola procuradora Olga García García, a cal se achandou á demanda sobre acción de constitución forzosa de servidume de paso.

Decido que estimo a demanda formulada pola representación de Miguel Ángel Fernández Varela fronte a Antonio Abella López, Julia López López e José Abella González, e na súa virtude declaro que o predio “Sorte de Penas Pardas ou de Arriba do Torrón”, da comunidade hereditaria en cuxo beneficio actúan descrita no feito primeiro da demanda, non está gravado con servidume de paso en favor do predio “Sorte de Penas Pardas”, dos demandados, descrito no feito segundo da demanda, e condénoos a estar e pasar por esta declaración, absterse de pasar en calquera forma polo predio dos demandantes e ao pagamento das custas procesuais na forma exposta no fundamento cuarto desta sentenza. E estimo a reconvención formulada pola procuradora Victoria Eugenia López Díaz, en representación de Antonio Abella López, Julia López López e José Abella González; e constitúo por esta sentenza unha vía permanente de paso a favor do terreo do feito primeiro da demanda reconvencional, polo itinerario nº 1, representado polas letras A-B do informe elaborado polo perito José María Escudero Tomas, unido aos autos, a través das parcelas catastrais 21 e 22, cunha largura de 2,80 metros, debendo indemnizar os propietarios dos predios serventes sinalados na suma de 16,60 euros (parcela 21) e 11,35 euros (parcela 22). Sen expresa imposición de custas.

Unha vez firme esta sentenza, líbrese mandamento ao rexistro da propiedade correspondente con testemuño dela que servirá de título para a inscrición da existencia da servidume no devandito rexistro da propiedade.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación, anunciándoo no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación do que, se é o caso, coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, quedando testemuño dela nos autos.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma aos demandados rebeldes Alicia, Julio, Edita, e Sara Fernández Varela; María del Pilar Abella López; Dolores, Julia, Concepción, Antonio e Manuel Abella Abella; Celia e Julia Quiroga López, e Celia López Rodríguez, expido e asino o presente edicto.

Sarria, 30 de outubro de 2013

A secretaria xudicial