Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 46994

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (1260/2012).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de garda e custodia 1260/2012 seguido por instancia de Favour Aigbovo fronte a José Manuel Veiga Ferreiro ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

Sentenza 242/13.

Xuíza que a dita: Ana Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: vinte e tres de setembro de dous mil trece.

Parte solicitante: Favour Aigbovo.

Avogado: Jacobo Cancio-Donlebún Durán.

Procuradora: Rosa María Vallejo González.

Número de procedemento: familia, garda, custodia, alimentación fillo menor non matrimonio non consensuado 1260/2012.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de medidas paterno filiais número 1260/12-E, seguidos por instancia de Favour Aigbovo, representada pola procuradora Rosa María Vallejo González, asistida do letrado Jacobo Cancio-Donlebún Durán, contra José Manuel Veiga Ferreiro, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando parcialmente a demanda de medidas paterno filiais presentada por Favour Aigbovo, representada pola procuradora Rosa María Vallejo González, contra, José Manuel Veiga Ferreiro, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, debo acordar e acordo fixar como medidas de garda, custodia e alimentos a favor do menor José Luis Veiga Aigbovo as seguintes:

1º. Atribúese á nai a garda e custodia do fillo menor de idade, José Luis Veiga Aigbovo, e a patria potestade compartirana ambos os dous proxenitores.

2º. Fíxase como réxime de visitas en favor do pai, e en defecto do aconsellable acordo entre as partes, o seguinte:

1. O pai deberá gozar da compañía do seu fillo os fins de semana alternos desde as 19.00 horas do venres (ou ben cando o menor saia do colexio ou das actividades que realice) ata as 20.00 horas do domingo con dereito de pernoita no domicilio da avoa paterna.

2. O pai deberá gozar da compañía do seu fillo a metade dos períodos de vacacións, entendidos, en defecto de acordo entre as partes, do seguinte xeito:

a) As vacacións de verán divídense en catro quincenas. A primeira quincena comezará o 1 de xullo (ás 15.00 horas) e expirará o 15 de xullo (ás 20.00 horas). A segunda quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 1 de agosto ás 20.00 horas. A terceira quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 15 de agosto ás 20.00 horas e a cuarta quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 31 de agosto ás 15.00 horas.

b) As vacacións de Nadal divídense en dous períodos, un primeiro desde o 24 de decembro (ás 14.00 horas) ata o 30 de decembro (ás 14.00 horas) e outro que comprende desde tal data ata o 6 de xaneiro ás 20.00 horas.

c) As vacacións de Semana Santa divídense en dous períodos, un primeiro desde o venres de Dores (ás 20.00 horas) ata o mércores Santo (ás 15.00 horas) e outro que comprende desde tal data ata o domingo de Resurrección ás 20.00 horas.

En defecto de acordo entre as partes, a nai elixirá os períodos os anos impares e o pai os pares.

Días festivos: o martes de entroido e o día do pai de cada ano atribúense ao pai; o día da nai, á proxenitora; o resto de festivos intersemanais, en defecto de acordo, deben atribuírselle, así como as Festas de San Froilán, durante os anos impares á nai e durante os pares ao pai.

O proxenitor que non teña o neno na súa compañía poderá manter contacto telefónico con este, tantas veces como xulgue conveniente e o desexe, sen máis limitación que a de non supoñer unha intromisión no desenvolvemento normal do menor. Ademais, o proxenitor que goce da compañía do menor debe comunicar ao outro proxenitor calquera enfermidade, accidente ou suceso extraordinario similar que padeza a menor.

O pai deberá recoller e retornar o menor –salvo acordo entre as partes– no domicilio que este comparta con súa nai ou ben (por mor das horas fixadas nesta sentenza) no centro escolar do menor.

3º. En concepto de pensión de alimentos para o fillo, José Luis Veiga Aigbovo, o pai deberá contribuír coa cantidade mensual de cento cincuenta euros (150 €), pagadoiros por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiro días de cada mes na conta facilitada pola demandante. A devandita cantidade será obxecto de revisión anualmente conforme ao índice de prezos de consumo que anualmente publique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que no futuro puider substituílo, debendo efectuarse a primeira actualización o día 1 de xaneiro de 2014.

Non se fai especial condena en custas.

Líbrese testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese esta ás partes con advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, José Manuel Veiga Ferreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este. Dou fe.

Lugo, 23 de setembro de 2013

A secretaria xudicial