Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de escola de baile na parroquia da Cañiza.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita a instancia de Raquel Rodríguez Gutiérrez, con NIF 53187091M, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de escola de baile que se situará na rúa Progreso, nº 8, parroquia da Cañiza deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere oportunas.

A Cañiza, 13 de novembro de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde