Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre construción de instalación de explotación de gando vacún existente en Vigo (Mariz).

Chavián, S.C. solicitou licenza deste concello para a construción de instalacións para ampliación de explotación de gando vacún existente, no lugar de Vigo, parroquia de Mariz, neste municipio. De conformidade co establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España, nº 1, de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, para efectuar as correspondentes alegacións.

Chantada, 14 de outubro de 2013

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde