Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (631/272/2013).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 2013, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela catastral
6424904NJ4062S0001WZ, situada en San Pedro de Visma, A Coruña, cualificada como dotacional de continxencia de titularidade pública EQ (Pb) polo Plan xeral, para a construción da nova sede da Federación Gallega de Fútbol, presentado a trámite por José García Liñares.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a información pública durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte á última publicación no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do Concello www.coruna.es/urbanismo.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo