Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de información pública (expediente 1585/2013).

Na Sección de Urbanismo do Concello de Barro estase a tramitar expediente de concesión de licenza para a apertura do seguinte establecemento:

Actividade: local para tenda de produtos agrarios.

Situación: rúa Bouza do Rei, número 3, baixo 1, Perdecanai (Barro).

Solicitante: José Ángel Vilas Calvo.

Expediente: 1585/2013.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte días (20 días).

Barro, 11 de novembro de 2013

José Antonio Landín Eirín
Alcalde