Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de novembro de 2013 pola que se dá traslado do emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/3/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a José B. López González para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/3/2013, en relación coas obras de construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, que se levan a cabo en Camiño Devesa, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística