Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (171/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 171/2013, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Costoya Garea, contra a empresa Construcciones Vixoy, S.L., administración concursal de Construcciones Vixoy, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante, condenando a empresa Construcciones Vixoy, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante aboándolle os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 45,99 euros diarios, ou o aboamento dunha indemnización de 16.7174 euros.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado, dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa demandada Construcciones Vixoy, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial