Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46733

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2054/2011).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2054/2011 desta sección, seguido por instancia de Rebeca Couñago Fernández contra Fogasa, Maestu Asesores, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante Rebeca Couñago Fernández contra a sentenza do 26 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo en autos 932/2010, promovidos pola recorrente fronte a Maestu Asesores, S.L. e o Fogasa en reclamación de cantidade, na súa virtude, revogamos en parte tal resolución, declarando a responsabilidade subsidiaria do dito organismo en caso de insolvencia da empresa respecto da débeda salarial e da indemnización do despedimento, que ascende a 22.196,97 euros, nos termos e condicións previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores, e confirmamos a dita sentenza nos seus restantes pronunciamentos. Sen custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para sirva de notificación en legal forma a Maestu Asesores, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento

A Coruña, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial