Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46735

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1997/2013).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1997/2013 desta sección, seguido por instancia de Anaclop A.I.E., Antonio Toca Carus contra Fogasa, Ana Sacristán Melo, Serclinic Sociedad de Servicios Médicos, S.L., Medicina de Laboratorio, S.L., Atlab, S.L., Julia Josefa Carrera Andrés, José María Nieto Bernat, Guillermo Seijo Formoso, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando o recurso interposto pola empresa Anaclop, A.I.E., confirmamos a sentenza que con data do 22 de xaneiro de 2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 de los de Vigo, por instancia de Ana Sacristán Melo, e pola cal se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que satisfaga 500 euros ao letrado da parte impugnada en concepto de honorarios. E igualmente, acordamos, de ser o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº. 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Atlas, S.L., Julia Josefa Carrera Andrés, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento

A Coruña, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial