Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46695

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de novembro de 2013 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Universidades.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia (DOG do 3 de xullo), reflicte no capítulo II, sección 1ª, artigo 55, a definición, adscrición e competencias do Consello Galego de Universidades como órgano colexiado de consulta e asesoramento da consellería competente en materia universitaria para o desenvolvemento da política de coordinación e planificación do Sistema universitario de Galicia.

A sección 2ª, artigo 58.1, da Lei 6/2013, do 13 de xuño, regula a composición do Consello Galego de Universidades, que estará integrado polos seguintes membros: a) O conselleiro ou a conselleira competente en materia de universidades. b) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino universitario. c) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino superior non universitario. d) Un representante de cada unha das consellerías competentes en materia de investigación e desenvolvemento, orzamentos e sanidade, designados polos conselleiros ou as conselleiras entre as persoas titulares de órganos de dirección. e) Os reitores ou as reitoras das universidades integrantes do SUG. f) As persoas titulares das xerencias das universidades integrantes do SUG. g) Os presidentes ou as presidentas dos consellos sociais das universidades integrantes do SUG. h) Catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento. i) A persoa responsable da Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

O nomeamento e cesamento no seu cargo dos membros a que se refiren as letras a), b), c), d) e) f), g) e i) do punto anterior determinará, automaticamente, a adquisición e perda da condición de membro do Consello Galego de Universidades.

Os acordos de designación dos membros elixidos polo Parlamento de Galicia seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería que se publicará no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos a partir desa data. A duración do mandato dos membros do Consello Galego de Universidades de designación parlamentaria será de catro anos, e permanecerán en funcións desde a expiración do devandito período ata a toma de posesión dos novos membros.

De acordo co artigo 59.2 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, os membros do Consello Galego de Universidades perderán a súa condición por terminación do mandato, por renuncia, por incapacidade declarada por resolución xudicial firme, por morte ou declaración de falecemento, por cesamento dos membros que teñan esta condición por razón do seu cargo ou por condena xudicial firme que comporte a inhabilitación ou a suspensión de emprego ou cargo público.

A presidencia designará e removerá o secretario ou a secretaria do Consello Galego de Universidades entre persoal funcionario do grupo A1. De recaer a designación nunha persoa que non sexa membro do Consello Galego de Universidades, esta actuará con voz e sen voto.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único. Facer pública a composición do Consello Galego de Universidades, que estará constituído polos seguintes membros:

a) O conselleiro competente en materia universidades:

– Presidente: Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nomeado polo Decreto 9/2012, do 3 de xaneiro.

b) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino universitario:

– Vicepresidente: José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades, nomeado polo Decreto 282/2009, do 7 de maio.

Vogais:

c) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino superior non universitario:

– Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, nomeado polo Decreto 133/2012, do 14 de xuño.

d) Un representante de cada unha das consellerías competentes en materia de investigación e desenvolvemento, orzamentos e sanidade designados polos conselleiros ou as conselleiras entre as persoas titulares de órganos de dirección:

– Manuel Antonio Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria, nomeado polo Decreto 3/2013, do 10 de xaneiro.

– Miguel Corgos López-Prado, director xeral de Planificación e Orzamentos, da Consellería de Facenda, nomeado polo Decreto 243/2012, do 5 de decembro.

– María Nieves Domínguez González, xerente do Servizo Galego de Saúde, da Consellería de Sanidade, nomeada polo Decreto 39/2012, do 12 de xaneiro.

e) Os reitores das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Xosé Luis Armesto Barbeito, reitor da Universidade da Coruña, nomeado polo Decreto 251/2011, do 29 de decembro.

– Juan José Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, nomeado polo Decreto 99/2010, do 17 de xuño.

– Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo, nomeado polo Decreto 90/2010, do 10 de xuño.

f) As persoas titulares das xerencias das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Juan Manuel Díaz Villoslada, xerente, nomeado pola Resolución da Universidade da Coruña do 17 de febreiro de 2012.

– María Lourdes Batán Aira, xerente, nomeada pola Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 15 de xullo de 2010.

– Manuel Fernández Jáuregui, xerente, nomeado pola Resolución da Universidade de Vigo do 28 de outubro de 2010.

g) Os presidentes dos consellos sociais das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, nomeado polo Decreto 161/2008, do 24 de xullo.

– Manuel Puga Pereira, presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, nomeado polo Decreto 583/2005, do 29 de decembro.

– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, nomeado polo Decreto 180/2011, do 1 de setembro.

h) Os membros designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, competente en materia universitaria:

– Senén Barro Ameneiro.

– Encarnación González Vázquez.

– José Carlos de Miguel Domínguez.

– Miguel Domingo Rodríguez Bugarín.

i) A persoa responsable da dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia:

– José Eduardo López Pereira, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, nomeado pola Orde do 2 de setembro de 2009.

Secretaria: María Beatriz Soutelo Ferro, subdirectora xeral de Universidades.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria