Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (auto 448/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 448/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea Cabanas Gómez contra Marqués Ledo, S.L., Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano e Manuel Lorenzo Ledo sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decreto

Secretario xudicial: Rafael González Alió.

Lugo, 23 de setembro de 2013.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 8.5.2013 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Nerea Cabanas Gómez contra Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano, Manuel Lorenzo Ledo e Marqués Ledo, S.L., que deu lugar á incoación do procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 448/2013.

Segundo. Que no acto da vista a parte demandante desistiu da demanda fronte ás persoas xurídicas Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano e Manuel Lorenzo Ledo. Este último está presente e non se opón á dita desistencia.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el fronte ás persoas xurídicas demandadas Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano e Manuel Lorenzo Ledo, e non opoñéndose a parte demandada presente á dita desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC, sobreser as actuacións con respecto aos devanditos demandados.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda fronte ás persoas xurídicas Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano e Manuel Lorenzo Ledo, e o sobresemento das presentes actuacións con respecto aos devanditos demandados.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpoñer recurso de 25 euros na conta nº 2322 do Banesto, debendo sinalar no campo concepto a indicación «recurso» seguida do código «31 Social-revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso» seguida do «código 31 Social-revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en forma a Marqués Ledo, S.L., Francisco Javier Marqués Barreiro e María Diana Crespo Serrano, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 12 de novembro de 2013

O secretario xudicial