Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (448/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 448/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea Cabanas Gómez contra Marqués Ledo, S.L., Francisco Javier Marqués Barreiro, María Diana Crespo Serrano e Manuel Lorenzo Ledo, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por Nerea Cabanas Gómez, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Marqués Ledo, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, debo declarar e declaro que o despedimento da parte demandante, con efectos desde o día 13.4.2013, constitúe un despedimento improcedente, e condeno a empresa demandada a que no prazo de cinco días, desde a notificación da presente resolución, opte entre a readmisión da traballadora ou unha indemnización equivalente a 927,85 euros. No caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación a razón de 24,10 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira.

Iso, con imposición de custas á empresa demandada (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interveniente, ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Marqués Ledo, S.L., Francisco Javier Marqués Barreiro e María Diana Crespo Serrano, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 12 de novembro de 2013

O secretario xudicial