Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 958/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 958/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Calviño Dafonte contra Carmen Vieito Pérez, Croissantería Embrujo, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, oito de novembro de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Único. O letrado Abel González Torres, na representación que ten de Antonio Claviño Dafonte, solicita a aclaración da sentenza ditada no presente procedemento nº 958/2010, sobre os aspectos que se conteñen no seu escrito do 15 de outubro do mes corrente.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial no seu número 1, despois de dispoñer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, mais si aclarar un concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan, establece, así mesmo, no seu número 5, a posibilidade de complementar as resolucións co pronunciamento omitido ou non haber lugar a complementar a resolución. No mesmo senso pronúnciase a Lei de axuizamento civil nos seus artigos 214 e 215.

Segundo. A parte demandante pide que está xulgadora se pronuncie ampliando os termos da disposición á codemandada Carmen Vieito Pérez e, así mesmo, que se corrixa a omisión da aplicación do xuro do 10 % da cantidade recoñecida como debida, tal como se recolle na fundamentación xurídica.

A esta última pretensión débese acceder por ser unha omisión evidente que resulta da simple lectura da disposición, ben como ampliar a condena a Carmen Vieito Pérez, na súa condición de representante legal da empresa, na cal se deberá incluír cando no fundamento xurídico se fai referencia á empresa.

Vistos os preceptos legais citados e demais de pertinente e xeral aclaración.

Acordo. Aclarar a sentenza ditada no presente procedemento no senso de que a parte dispositiva pasará a dicir:

“Que, estimando parcialmente a demanda formulada por Antonio Calviño Dafonte contra a empresa Croissantería Embrujo e Carmen Vieito Pérez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de catro mil quiñentos corenta euros nos conceptos anteriormente referidos, e condeno a referida empresa ao pagamento da devandita cantidade incrementada co xuro do 10 %”.

Contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta accidental do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carmen Vieito Pérez e Croissantería Embrujo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial