Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (477/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 477/2011, por instancia de Álvaro Fragío Tojo contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., a empresa Acciona Infraestructuras, S.A., a administración concursal da empresa Proesga e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 6 de novembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Álvaro Fragío Tojo contra as entidades Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e Acciona Infraestructuras, S.A. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil catrocentos setenta e catro euros con noventa e cinco céntimos (4.474,995 euros). A empresa Acciona Infraestructuras, S.A. responderá solidariamente da cantidade de tres mil cento oitenta e tres euros con setenta e sete céntimos (3.183,77 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e ao administrador concursal da empresa Proesga, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial