Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (355/2013).

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 355/2013.

Demandante: Francisco Orgeira Pérez.

Abogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde.

Demandados: Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Fondo de Garantía Salarial, Construcciones Pepe, S.L., Construcciones Pepe, S.L., Adm. concursal de Esoga, Rafael González del Río.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 355/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Orgeira Pérez contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Construcciones Pepe, S.L. e Rafael González del Río –administración concursal de Esoga–, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a sentenza do 5 de novembro de 2013 cuxo fallo literalmente di así:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Francisco Orgeira Pérez, contra a entidade Estructuras y Obras de Galicia, S.L., e a súa administración concursal, así como Construcciones Pérez, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 20 de febreiro de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Estructuras y Obras de Galicia, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 36.148,98 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación ás empresas demandadas Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga) e Construcciones Pepe, S.L., expido e asino o presente.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial