Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (32/2012).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Eva Vázquez Eiriz fronte a Cesáreo Rodríguez Durán ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do seguinte teor literal:

«Sentenza

Na cidade de Ourense, 26 de novembro de 2012.

María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, despois de ver os presentes autos de xuízo declarativo ordinario número 32/2012, promovidos por instancia de Eva Vázquez Eiriz e, na súa representación, pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, asistida do letrado Valentín Banco López, contra Cesáreo Rodríguez Durán, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre resolución de contrato de arrendamento por falecemento do arrendatario.

Ditamino

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, en representación de Eva Vázquez Eiriz, contra Cesáreo Rodríguez Durán, declaro extinguido o contrato de arrendamento subscrito no seu día entre os causantes dos litigantes sobre a vivenda sita en Rezavella, número 19, do Pino, Ourense, por non se notificar no prazo indicado no artigo 16 da LAU o falecemento do arrendatario e a subrogación na súa posición do demandado. Como consecuencia da anterior declaración condénase o demandado a estar e pasar pola anterior declaración, deixando libre a vivenda á disposición do demandante, con apercibimento de lanzamento á súa custa.

As custas impóñense á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela pódese interpor recurso de apelación, que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso deberase interpor ante este mesmo xulgado mediante escrito que se presentará, na forma indicada no artigo 458 da LAC, no prazo de vinte días contados desde o seguinte á notificación da sentenza, acreditando a constitución do depósito de 50 euros que para recorrer exixe a disposición adicional décimo segunda da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, a pronuncio, mando e asino.»

E encontrándose o citado demandado, Cesáreo Rodríguez Durán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial