Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46380

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4277/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4277/2011, seguido por instancia de Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Eloy Garrido Márquez e Talleres de Piedra Altamira, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Paula Ron Álvarez, letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 9 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, no procedemento 133/2011 seguido por instancia de Mutua Asepeyo, sobre incremento de prestación de invalidez permanente, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que produza efectos legais e sirva de notificación á empresa Talleres de Piedra Altamira, S.L., actualmente en liquidación e descoñecida, co último domicilio social, lugar Volta do Agro-Barrio Esfarrapada, 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de novembro de 2013

A secretaria xudicial