Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública no procedemento de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación municipal do Concello de Bueu, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de novembro de 2013, acordou, en exercicio do disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ampliar durante o período dun mes o prazo do trámite de información pública do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Bueu, aprobado inicialmente polo Pleno da corporación na súa sesión ordinaria do 31 de xullo de 2013, desde o 5 de novembro de 2013, día seguinte ao que remata o prazo de exposición ao público derivado dos anuncios publicados no DOG número 167, do 3 de setembro de 2013, e no Diario de Pontevedra e Faro de Vigo da mesma data, ata o vindeiro 3 de decembro de 2013.

O que se fai público en cumprimento do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 49 e 60 da LRXAP-PAC, coa indicación de que o acordo de ampliación non é susceptible de recursos nos termos establecidos no artigo 49.3 da LRXAP-PAC.

Bueu, 4 de novembro de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde