Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro Caldelas

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun punto limpo.

A Deputación Provincial de Ourense solicitou licenza municipal para proceder á construción dun punto limpo na parcela B resultante da segregación do predio matriz sito no polígono 80, parcela 9, aprobada pola Xunta de Goberno Local do 14 de novembro de 2013. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública por un período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, co fin de que durante este, poidan examinar o expediente, na Secretaría municipal, todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Castro Caldelas, 18 de novembro de 2013

Eladio Osorio Castro
Alcalde