Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre licenza para a ampliación do cemiterio de Lagoa.

José Antonio Llenderrozos López, con DNI 33693118-G, actuando en representación da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, solicitou nesta alcaldía licenza municipal para levar a cabo as obras de ampliación do cemiterio parroquial de San Vicente de Lagoa, no lugar da Igrexa, da parroquia de Lagoa, neste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Lugo e no DOG para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar.

O expediente obxecto desta información encóntrase depositado nas dependencias deste concello e poderase consultar durante horario de oficina.

Alfoz, 6 de novembro de 2013

Emilio Lousas Muíña
Alcalde