Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (615/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 615/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Fraga Gálvez contra a empresa Ruppen 2000, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 557/2013.

Procedemento: autos número 615/2011.

A Coruña, 10 de outubro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 615/2011 seguidos por instancia de Carolina Fraga Gálvez, representada pola letrada Sra. Gil Sánchez contra a empresa Ruppen 2000, S.L., con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda que foi remitida e recibida neste xulgado con data do 15 de xuño de 2011, contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que achou pertinentes, terminaba suplicando que se dite sentenza pola que se condene a demandada ao pagamento das cantidades referidas no feito cuarto, e que ascenden a 5.630 euros líquidos correspondentes ao 60 % da indemnización legal de 20 días de salario por ano de servizo, 459,18 euros líquidos correspondentes á parte do 40 % da cal o Fogasa non se fai responsable por exceder o salario diario regulador do tope fixado para 2010, e 5.082,02 euros brutos correspondentes ás mensualidades de novembro e decembro de 2010, máis os xuros de demora do pagamento do salario que serán do 10 % do debido.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, sen comparecencia da demandada nin do Fogasa, a pesar de estaren citados en legal forma. Ratificada a demanda, foi recibido o xuízo a proba e a parte propuxo interrogatorio de parte e documental e, logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado que neles consta; a seguir, as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 20.7.2005, coa categoría de xefe administrativo, percibindo un salario mensual de 2.541,01 euros con inclusión do rateo de pagas extraordinarias. O 14 de decembro de 2010 a empresa procedeu a extinguir o contrato de traballo da demandante con efectos do 31 de decembro de 2010, ao abeiro do establecido no artigo 52 ET.

Segundo. A empresa debe á demandante a cantidade de 11.171,2 euros por salarios de novembro e decembro de 2010, e indemnización por extinción do contrato, segundo a desagregación que recolle o feito cuarto da demanda que se dá por reproducido.

Terceiro. Celebrouse acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de tentado sen efecto ante a incomparecencia da parte demandada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos para os efectos do artigo 97.2 LPL/LRXS, e así da documental presentada pola demandante, comprensiva de contrato de traballo, nómina e comunicación de fin de contrato, todo sen prexuízo do que se expresa a seguir sobre a valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento a parte demandante exerce reclamación de cantidade correspondente a salarios, parte proporcional de vacacións e indemnización por fin de contrato, pendentes no momento da extinción da relación laboral, sen que compareza a empresa demandada, correctamente citada.

Tendo en conta que o principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos, determina que o reclamante está obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente, e que é ao demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, ao que incumbirá a carga de probar o devandito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de demostrar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, e logrando demostrar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación pecuniaria, tendo en conta a documental achegada e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil e 91.2 LPL/LRXS, deben terse, ante a súa incomparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero, igualmente, do mesmo modo, a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos, probáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obrigación, todo o cal implica as obrigacións contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e corresponde ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC) e, ao non se ter practicado a devandita proba, a demanda debe ser estimada, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. De conformidade co artigo 29.3 ET a cantidade obxecto de condena debe incrementarse co xuro moratorio fixado no precepto canto a conceptos salariais.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carolina Fraga Gálvez contra a empresa Ruppen 2000, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 11.171,2 euros, que se incrementará co xuro moratorio previsto no artigo 29.3 ET canto aos conceptos salariais.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1532/0000/60/0615/11, indicando no campo do concepto «Recurso» seguido do código «34 Social suplicación», o que demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ruppen 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial